Ir al contenido principal

Preferencia materias curso 2022-23

Desde a dirección do IES Sofía Casanova informamos que podedes consultar a oferta educativa para 2º de bacharelato do curso 2022-23 na páxina web do centro. Aproveitamos para informar que xa está dispoñible na Aula Virtual a enquisa preparada para que todo o alumnado que cursa 1º de Bacharelato indique as súas preferencias para cursar 2º de Bacharelato no 2022/23, como xa indicamos na reunión informativa que tivemos este luns e martes. O obxetixo da enquisa é adaptar no posible ás súas preferencias a oferta educativa do centro no próximo curso. Para realizar a enquisa terás que: Acceder á Aula Virtual co teu nome de usuario e contrasinal, entrar en “Enquisas de matricula” - ”Materias para 2º de Bacharelato” – “Automatriculación” - Introducir o contrasinal "matricula22/23” Atentamente A Dirección Tipo do aviso: Aviso centro a grupos Data inicio: 31/05/2022 Data fin: 08/06/2022

Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontros virtuais USC

Xa están actualizadas as páxinas dos Encontros Virtuais da USC que terán lugar do 7 ao 13 de abril, dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos Formativos de Grao Superior.  A partir de hoxe xa se poden consultar os horarios nos que calquera persoa que o desexe pode manter unha videoconferencia cos responsables dos graos da USC.  A páxina de entrada é, como en anos anteriores: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais