Do 26 ao 27 de abril desenvolverase a cuarta edición de UNIferia Graos, a Feira Virtual das Universidades españolas , promovida pola CRUE , que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2022-23. Funciona dun xeito similar a unha Feira Universitaria presencial: https://grado. uniferia.org . O alumnado poderá visitar as casetas virtuais das Universidades españolas participantes e facer consultas en directo. A Universidade da Coruña (UDC), terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTURO, no que lle ofreceremos ao seu alumnado que coñeza de primeira man a nosa ampla oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol, coñeza a Vida Universitaria que lle espera e poida consultar as dúbidas que teña de graos, notas de corte, aloxamento... Parécenos unha oportunidade perfecta para un primeiro contacto co mundo u...