Ir al contenido principal

UNIferia, Feira Virtual das Universidades españolas

Do 26 ao 27 de abril desenvolverase a cuarta edición de UNIferia Graos, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE, que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2022-23.

 Funciona dun xeito similar a unha Feira Universitaria presencial: https://grado.uniferia.org. O alumnado poderá visitar as casetas virtuais das Universidades españolas participantes e facer consultas en directo.

 

 Universidade da Coruña (UDC), terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTURO, no que lle ofreceremos ao seu alumnado que coñeza de primeira man a nosa ampla oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol, coñeza a Vida Universitaria que lle espera e poida consultar as dúbidas que teña de graos, notas de corte, aloxamento... 

 

Parécenos unha oportunidade perfecta para un primeiro contacto co mundo universitario que teñen ás portas, polo que nos permitimos solicitarlles que organicen titorías exclusivas para que o alumnado de Bacharelato/CFGS se conecte a https://grado.uniferia.org do 26 ao 27 de abril.

 

O horario será amplo, de 09:00h a 18:00h, e o persoal da UDC estará pendente deles para solucionarlles calquera consulta ou aclaración que precisen. 

 

A navegación por UNIFeria é libre, tras rexistrarse (o prerrexistro xa está aberto).

 

Nesta ligazón poden ver un vídeo descritivo de UNIferia Graos 2022 e as posibilidades que ofrece: 

 

https://www.youtube.com/watch?v=PbNK5DW0W3k

 

Moitas grazas pola súa atención e a colaboración na difusión desta interesante iniciativa. 


Esperamos a súa visita na caseta de información da Universidade da Coruña!

Comentarios