Ir al contenido principal

Entradas

Preferencia materias curso 2022-23

Desde a dirección do IES Sofía Casanova informamos que podedes consultar a oferta educativa para 2º de bacharelato do curso 2022-23 na páxina web do centro. Aproveitamos para informar que xa está dispoñible na Aula Virtual a enquisa preparada para que todo o alumnado que cursa 1º de Bacharelato indique as súas preferencias para cursar 2º de Bacharelato no 2022/23, como xa indicamos na reunión informativa que tivemos este luns e martes. O obxetixo da enquisa é adaptar no posible ás súas preferencias a oferta educativa do centro no próximo curso. Para realizar a enquisa terás que: Acceder á Aula Virtual co teu nome de usuario e contrasinal, entrar en “Enquisas de matricula” - ”Materias para 2º de Bacharelato” – “Automatriculación” - Introducir o contrasinal "matricula22/23” Atentamente A Dirección Tipo do aviso: Aviso centro a grupos Data inicio: 31/05/2022 Data fin: 08/06/2022
Entradas recientes

BOLSAS DE ESTUDO

Notificámoslle que no grupo 1º Bac. - B do centro IES Sofía Casanova publicouse un aviso que pode resultar do seu interese. Titular do aviso: Recortario solicitude Becas de Educación (Bach - FP - Universidade) Descrición do aviso: Bo día, recordamos que tedes ata o 12 de maio para solicitalas Información específica: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessofiacasanova/node/1745 Un saúdo Departamento Orientación Tipo do aviso: Aviso centro a grupos Data inicio: 26/04/2022 Data fin: 06/05/2022 Pode visualizar esta información na aplicación móbil de abalar ou accedendo vía certificado dixital ou chave365 á url https://www.edu.xunta.gal/abalar

UNIferia, Feira Virtual das Universidades españolas

Do 26 ao 27 de abril desenvolverase a cuarta edición de  UNIferia Graos, a Feira Virtual das Universidades españolas , promovida pola  CRUE , que permite o encontro dos  Futuros Estudantes  cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2022-23.   Funciona dun xeito similar a unha Feira Universitaria presencial:  https://grado. uniferia.org . O alumnado poderá visitar as casetas virtuais das Universidades españolas participantes  e facer consultas en directo.     A  Universidade da Coruña (UDC),  terá un espazo virtual baixo o lema:  ENTRA NO FUTURO,  no que lle ofreceremos ao seu alumnado que coñeza de primeira man a  nosa ampla oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol,  coñeza a  Vida Universitaria  que lle espera e poida consultar as dúbidas que teña de graos, notas de corte, aloxamento...     Parécenos unha oportunidade perfecta para un primeiro contacto co mundo universitario que teñen ás portas, polo que  nos permitimos solicitarlles que organicen titorías exc

Encontros virtuais USC

Xa están actualizadas as páxinas dos Encontros Virtuais da USC que terán lugar do 7 ao 13 de abril, dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos Formativos de Grao Superior.  A partir de hoxe xa se poden consultar os horarios nos que calquera persoa que o desexe pode manter unha videoconferencia cos responsables dos graos da USC.  A páxina de entrada é, como en anos anteriores: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais